martes, 28 de octubre de 2014

Ciencia Que Conta

Esta tarefa trata sobre o concurso que faise cada ano da Ciencia Que Conta.
Para esta tarefa tiñamos duas opcións: facer nos un relato e participar no concurso ou editar un relato de pasadas edicións.
Eu elexín a opción de escoller un relato e modificalo con hiperenlaces e fotos. Tocoume o relato "A Nena do Espello". Cando o lín, gustoume moito xa que esta ben redactado e non ten ningunha complicación para entendelo. É unha historia coa súa parte científica moi ben explicada. Grazas a este relato e a raíz de investigalo aprendín moitas cousas sobre o cancro e a quimioterapia.
Aquí os deixo o relato modificado. Espero que os guste.







A NENA DO ESPELLO

Antía Álvarez Pazó
IES ALEXANDRE BÓVEDA (VIGO)
 Non me decido. Quero entrar, quero ver a miña cara. Pero, ao mesmo tempo, dáme medo o que poida ver na lisa superficie que anteriormente ollara para comprobar se as lapelas da miña camisa estaban ben postas ou se a saia do uniforme era longa dabondo. Así que, cun nó na gorxa, entrei no baño cunha celeridade equivalente á dunha tartaruga patas arriba. Acendín a luz e ollei a nena do espello. Devagar a miña mirada esvarou dende os profundos ollos castaños do reflexo ata onde horas antes estaba unha mata indomable de rizos louros coma o trigo. Cortóuseme a respiración e fiquei irta coma un pau no medio da sala. Mirei os peites que aínda tiñan apegados uns guechos do meu cabelo de cando mo peiteara por última vez esa mesma mañá e me preguntaba se a Xoán lle gustaría máis unha trenza ou unha cola de cabalo ben alta. Cruel ironía, pois agora endexamais me vai querer nin el nin ninguén. Miro os peites e paréceme que esbozan un sorriso macabro. Non o aturo máis.
Voume á cama e choro. A única cousa que me vén á cabeza é unha pregunta: por que? Por que me pasa isto a min? Por que se non lle fixen dano a ninguén?
Por que? Unha pregunta sen resposta é coma un corpo sen testa. Na miña testa só hai unha pregunta e unha palabra...cancro.
a nena do espelloFermoso día. Primeiro, esperto pola mañá pensando que todo foi un pesadelo, para darme conta de que non, que agora teño que saír aí fóra e aparentar que estou ben, que non me importa ser a única nena calva da clase. De seguro que as miñas amigas e os meus amigos me dirán que non pasa nada e me dirán a típica frase: non estás soa Edúa, nós estamos contigo. Pero eu sei que estou soa.
Non me equivocaba, dixeron exactamente o que pensara: Uxía mostrouse preocupada, a Xela deulle un ataque de nervios e baixoulle o azucre ata 43 mg, Matías e Rosalía puxéronse a debater sobre o que sabían da quimioterapia, Suso botou a matinar en silencio e Xoán... Xoán calou. Logo deu media volta e foise falar con Xulia, que tras escoitalo cunha atención insólita nela, achegouse a min cos seus andares altivos e dixo a frase máis ferinte que poida haber:
—Iso non será contaxioso, non?
Que vulnerable me sinto sen pelo, teño frío na testa, nótoa pequena. Mercarei un gorriño de la. Unha perruca non, que pica. Suspiro. Xa hai meses que empecei co tratamento e non melloro.
—Bos días, ti es Edúa, non si? –di unha alegre voz coma a dun paxariño ao chiar.
—Son –respondo cando lle dou a man.
—Eu son Luz. –Tras un intre fágome unha imaxe dela: baixiña, máis ou menos coma min, delgada, pelo moi longo negro azulado e liso coma un taboleiro, lentes negras de moldura labrada, e tras elas uns brillantes ollos negros, que me fixeron pensar nos dun pícaro.– Son unha médica MIR e voume facer cargo do teu caso, baixo a atenta mirada do doutor Cabrales, que non permitirá que faga ningunha desfeita –botou unha sonora gargallada, e preguntoume:
—E ti, que tal levas o tratamento?-Sen moitas ganas de conversar, contesteille de malas maneiras:
- Excepto porque sinto que estou a morrer por dentro, moi ben. Para a miña sorpresa, en vez de ficar calada, como faría eu, contestou:
—Alégrome moito diso. Sentou ao meu carón, e estrañada pregunteille:
—Acabo de dicirche que sinto que estou a morrer por dentro, e ti dis que te alegras?
—E que a quimioterapia é un veleno, mata as células de rápido crecemento, coma as do cancro pero tamén outras propias túas, como as do cabelo, por iso tomeino a broma, porque é o que realmente che está pasando. –Pola cara que puxen, debeuse de decatar de que todo iso era novo para min, e preguntou:
—Non o sabías? Se a min me estivesen metendo unha substancia todos os meses faría o posible para saber que é.- Levantou e entrou na sala.
De súpeto, decateime de que tiña razón. De que quería saber máis? Tras un anaco entrei para someterme ao tratamento.  Mentresela preparábao todo pregunteille sen poder conterme:
—Quen inventou a quimioterapia?- Ela sen volver para ollarme contestou: —Coido que foron dous farmacólogos... Godman e Gilman chamábanse; recrutounos o Ministerio de Defensa dos Estados Unidos.
—E como a inventaron? —Pois mira, é curioso, saíu das armas químicas. —Das armas? —Exacto. Investigaban como curar un linfoma, un tipo de tumor precisamente como o que tes ti... Demostraron que se podía tratar con gas mostaza. Isto evolucionou á mustina, que podería chamarse a primeira quimioterapia. Isto sería... en 1940 máis ou menos. Pouco despois Farber decatouse de que o ácido fólico era bo para os pacientes con leucemia, e máis tarde desenvolveu un medicamento a base de metabolitos análogos. Un colaborador de Farber, Burchenal, descubriu xunto con dous dos seus traballadores a 6-mercaptopurina, un grande antileucémico. Logo, estas foron as bases da quimioterapia.
—E que máis? —En 1965 fíxose o maior progreso no que é a quimioterapia. J. Holland, E. Freirech e E. Freil formularon a hipótese de que combinando distintos fármacos se podería obter un mellor resultado. Estes fármacos son os responsables de que ti esteas cada vez un pouco mellor, aínda que en realidade esteas a morrer un pouco. Así, pois, pódese dicir que a quimioterapia se basea en substancias tóxicas que xuntas poden matar e erradicar a túa enfermidade.
Inxectoume a medicina e díxome: —Xa estás lista! Despedímonos e saín da consulta. Decateime de que a cita se me pasara voando e de que case sentín pena de que rematase.
Un ano despois…
A nena do espello estase a peitear o cabelo.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Bienvenidos a mi blog!

Me llamo Clara Muñiz y este es mi blog.

En este blog publicaré mis trabajos de informática y también entradas sobre mis aficiones.
Mis aficiones se podría decir que son las ranas, correr y la música.
Me gustan las ranas porque me parecen un animal original y que no suele gustar a mucha gente. Las ranas se puede decir que son mi debilidad. Así que intentaré publicar alguna que otra entrada sobre ellas.

Me encanta correr! Cuando estoy mal solo quiero correr. No hay nada mejor que correr, mientras despejas la mente y ves como todo cambia mientras corres. Solamente tienes que correr, correr y correr, solo correr, mientras escuchas música en orden aleatorio.Solo pensar en correr y en mi caso, también en no caerme ( soy bastante patosa la verdad).

Me gusta mucho la música, sobre todo rock y heavy metal, entre otras cosas. Así que iré añadiendo canciones al reproductor. Espero que os gusten!

Ahora ya sabéis un poquito de mí.
Hasta la próxima entrada!